Site icon Crónica3.com A Mariña

Cheché Real reúnese co alcalde de Foz pola subida das taxas das terrazas

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, reuniuse o pasado xoves día 7 co alcalde de Foz, Francisco Cajoto, a demanda de 30 hostaleiros, con motivo da subida das taxas das terrazas, que consideran excesivas. Durante a reunión, Cheché Real propúxolle ao alcalde de dita localidade volver a xuntarse con 2 ou 3 representantes desa trintena de hostaleiros, para así poder chegar a un acordo e buscar unha solución entre todos.

Exit mobile version