A Mariña, 3 de decembro, 2023. Mariña Marabillosa é unha iniciativa radiofónica na que participan preto de 50 veciños da Mariña Lucense, un intento, a través dun programa mensual, de unir, vincular e dar a coñecer os 16 concellos da nosa comarca. Ademais das entrevistas mensuais, conta tamén cun divertido concurso de fotos da Mariña, con importantes premios de estancias en hoteis, comidas ou ceas en restaurantes ou lotes de produtos da comarca.
Emítese cada primeiro sábado de mes a partir das 16,00 horas e, normalmente, ata as 23,30 horas, a través de Radio Foz, Radio Valadouro, Radiofusión e do canal de Facebook do programa. Colaboran José Antonio Quelle (Vicedo), Esmeralda Vázquez (Ourol), Juan Manuel Escudero (Viveiro), Luis Martínez (Xove), Pablo Álvarez (Burela), Juan Varela (Foz), Andrés Bourio (Barreiros), Paco Piñeiro (Cervo), Ramona Andrade (Lourenzá), Antonio Jesús Lorenzo “Cachín” (Alfoz), Juan García (Valadouro), Manolo Barreira (Mondoñedo), Cecilia Llanes (Riotorto), Santi Coladas (Pontenova), Lucía Fernández (Trabada) e Susana Álvarez (Ribadeo). Outros colaboradores son Raquel Amieiro, Laura Alonso (Riotorto), David Catá (Viveiro), Eva Veiga (Ponenova), Xoán Guerreiro (Xove), Isabel Buján (Barreiros), Juan Carrocid (Alfoz), Daty García (Cervo), Laura Rodríguez (Ourol), Lucas Rico (Mondoñedo), Lucía Rivas (Burela), Marta Fernández (Trabada), Natalia Díaz (Lourenzá), Pablo Cid (Foz), Suso Rubio (Valadouro), Samuel Nájera (Vicedo) e José Ramón Leal (Ribadeo).
Cumprindo co costume de xuntarse nas datas próximas ao Nadal, escolleron desta volta o restaurante Casa Franco, de Alfoz, onde cearon en familia o día 1 de decembro. Mariña Marabillosa segue medrando en número de seguidores de mes en mes e tamén medra a ilusión dos participantes por crear grupo e por crear Mariña a través da radio.