O concerto será o venres, día 22 de decembro, ás 22h30 no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela
Estas catro mulleres, a través da súa música, conseguen facer resoar a voz secular das mulleres sen nome que construíron a música popular portuguesa. As Soalhas traem un repertorio tradicional que nos confirma un percurso cultural común entre a Galiza e Portugal.
A xornada promete moita aprendizaxe, moita emoción e tamén algunha sorpresa, por tanto convidamos todas as persoas de Burela a asistiren e, se souberen tocar algún instrumento, non duviden en traelo, porque o concerto pode acabar en foliada.