O concerto será o venres, día 22 de decembro, ás 22h30 no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela
Burela, 20 de decembro, 2023. Soalhas, para alén de dar nome aos discos metálicos que dan son ás pandeiretas, é tamén o nome do grupo de catro mulleres que reinterpretam a tradición a toque de adufe e que, no próximo día 22 de decembro, convidadas polo departamento de língua portuguesa do IES Perdouro, oferecerán un concerto didáctico ás 22h30 no centro social Xebra, en Burela.
Estas catro mulleres, a través da súa música, conseguen facer resoar a voz secular das mulleres sen nome que construíron a música popular portuguesa. As Soalhas traem un repertorio tradicional que nos confirma un percurso cultural común entre a Galiza e Portugal.
A xornada promete moita aprendizaxe, moita emoción e tamén algunha sorpresa, por tanto convidamos todas as persoas de Burela a asistiren e, se souberen tocar algún instrumento, non duviden en traelo, porque o concerto pode acabar en foliada.