Site icon Crónica3.com A Mariña

Artistas da Mariña participarán no certame Córgomo Arte XI, “Fragmenta”, en Valdeorras

A Mariña, 7 de decembro, 2023. Artistas mariñáns participarán na XI edición de Córgomo Arte,que leva por título “Fragmenta” e que se inaugurará esta sábado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras). Julián Bouza, Ignacio Castro “Nachok”, Mauro Leivas, Martín Lestao e Belén Mogo forman parte dos trece artistas seleccionados para a mostra deste ano. Completan a convocatoria Manuel Conde e Victorino Núñez, “Torino”, creadores de Córgomo Arte; Roberto Álvarez e Noé Blanco, da Rúa; a ferrolá Sabela Mato; Violeta Bernardo, desde Sarria; a lucense Sabela Arias e o monfortino Arturo Ceide.

Todxs aporta olladas diversas sobre o tema proposto.”Fragmenta” é unha viaxe introspectiva que nos reta a atoparnos a nós mesmos, nunha sociedade que nos vai destruíndo, defragmentando e borrando os límites entre o que somos e o que nos vemos obrigados a ser.

Lembrámosvos que a exposición de Córgomo Arte XI, “Fragmenta”, inaugurarase este sábado 9 de decembro, ás 17:00 h. As súas portas permanecerán abertas ata o 7 de xaneiro. Coma sempre, a exposición poderá verse as fins de semanas e os festivos desde as 10:00 ás 22:00 h.

Exit mobile version