Este venres, 8 de decembro, a Asociación de Veciños de San Pedro de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenial O Castelo celebran a primeira edición do Mercado de Nadal en Alfoz. Será no Atrio da parroquia de San Pedro e contará con carpa climatizada. Haberá diversos postos de artesanía, adornos de nadal, accesorios, xoguetes, productos delicatessen, Venda de chocolate con churros, biscoito, viño quente e bebidas variadas. Ás 12h e ás 17h haberá obradoiros para os máis pequenos. Ás 19 h farase o acendido das luces da parroquia, acompañado dunha actuación musical navideña. O horario do mercado é de 10h a 20h.