Este venres, 8 de decembro, a Asociación de Veciños de San Pedro de Mor e a Asociación Cultural e Xuvenial O Castelo celebran a primeira edición do Mercado de Nadal en Alfoz. Será no Atrio da parroquia de San Pedro e contará con carpa climatizada. Haberá diversos postos de artesanía, adornos de nadal, accesorios, xoguetes, productos delicatessen, Venda de chocolate con churros, biscoito, viño quente e bebidas variadas. Ás 12h e ás 17h haberá obradoiros para os máis pequenos. Ás 19 h farase o acendido das luces da parroquia, acompañado dunha actuación musical navideña. O horario do mercado é de 10h a 20h.
Alfoz celebra o primeiro Mercado de Nadal este venres
Alfoz celebra o primeiro Mercado de Nadal este venres
Relacionado
-
A Valedora do Pobo dá a razón ás demandas da ANPA do CEIP Castro de Ouro de Alfoz
-
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, asistiu o pasado xoves, 31 de outubro, no Castelo de Castrodouro de Alfoz á presentación do libro Dá vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia
-
Este xoves preséntase “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 de “Monografías de Cadernos de Estudos Galegos”