A pesares do complicado momento que pasa o consumo de produtos do mar, acentuados pola incomprensible cerrazón do Goberno central a rebaixarlle o IVE, a Xunta pretende continuar apoiando ao sector nos seus esforzos por mellorar a comercialización dos seus produtos para que se supere os altibaixos. No caso de Vitalmar, a planta conta cuns corenta e cinco empregados e supera os 5 millóns de euros de negocio anual coa comercialización de carne de mexillón en distintos formatos. Pola súa banda, o Grupo Proinsa (Promotora Industrial Sadense, SA) é un grupo empresarial familiar de capital 100% galego, dedicado á produción de mexillón en bateas e long-lines, que é o principal produtor individual deste molusco en España, cun centenar de unidades de cultivo.