Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta renova o equipamento de cociña de catro albergues xuvenís da provincia cun investimento de 60.000 euros

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que acollen a centos de mozos e mozas no verán e nas últimas semanas tamén foron sede das actividades do Outono Xove

Lugo, 23 de decembro de 2023. A Consellería de Política Social e Xuventude está a investir preto de 60.000 euros na renovación do equipamento de cociña dos albergues xuvenís de Area (Viveiro), A Devesa (Ribadeo), Benigno Quiroga (Portomarín) e Os Chacotes (Palas de Rei).

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se pretende ofrecer o mellor servizo nunhas instalacións que acollen cada verán a centos de mozas e mozos nos campamentos organizados pola Xunta, e que tamén se utilizan para outras propostas ao longo do ano. De feito, estes albergues -a excepción do de Palas de Rei- figuraron entre as sedes do programa Outono Xove, que estivo vixente ata o pasado 10 de decembro.

Entre o equipamento a substituír figuran os fornos -nas catro instalacións- e outros electrodomésticos segundo as necesidades, como secadora industrial, armario frigorífico, freidora a gas, trituradora profesional ou mesa quente.

Exit mobile version