A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou nunha xornada na que dúas mulleres expuxeron os seus proxectos consolidados no rural, no marco dos máis de 40 atendidos no Polo de Mondoñedo
Precisamente á hostalaría se dedica unha das relatoras, cuxo establecemento consta de distintos cuartos que reciben o nome de mulleres destacadas de Galicia. A outra, mentres, dedícase ao sector das conservas artesás. A través dos seus casos particulares, na xornada tratouse como aplicar os valores persoais a cada proxecto de emprendemento, como organizar o tempo de traballo a prol da conciliación e tamén as oportunidades e dificultades do emprendemento para as mulleres, apuntando á detección de novos nichos ou ás liñas de crecemento.
A Rede de polos de emprendemento e de apoio ao emprego conta con 12 centros distribuídos por toda a xeografía galega dos que catro están emprazados na provincia de Lugo: ademais do de Mondoñedo, os de Friol, A Fonsagrada e Monforte de Lemos e -proximamente- tamén se porá en marcha outro en Sarria.
Os catro centros operativas na provincia asesoraron xa máis de duascentas persoas emprendedoras (59% delas mulleres) coas que se realizaron máis de medio milleiro de sesións de traballo conxunto e de acompañamento, unhas 80 delas en Mondoñedo.