Mellorouse o muro exterior do centro e renováronse dúas aulas
Ata o de agora xa se actuou na mellora do muro exterior do centro e, ademais, renováronse dúas aulas para facelas máis confortables para os alumnos. O director xeral avanzou que tamén se instalará unha zona cuberta para que os pais poidan deixar os carriños dos seus fillos ao chegar á escola.
Ademais, a petición do alcalde, a Xunta continuará analizando en 2024 outras melloras a realizar na escola, que dispón de sete unidades e 107 prazas de 0 a 3 anos.
O alcalde, Daniel Vega, fai unha valoración positiva da visita cursada á escola infantil por parte do director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey.
O rexedor dixo que “foron 30.000 euros de inversión para remodelar a escola infantil. A dirección do centro solicitounos a colaboración para que xestionáramos ante a Xunta ese investimento. Actuouse en dúas aulas, que foron remodeladas. Cambiamos os solos, xa que non cumprían a normativa, e agora xa están modificados. Agora as aulas, que contan con solos vinílicos, tamén foron pintadas. E remodelamos o muro exterior, o que da ao aparcadoiro da rúa do Pipelo”.
Vega explicou que “na xuntanza que mantivemos co director xeral de Familia o que fixemos foi xestionar outros 15.000 euros. Con esa partida actuaremos no acceso á escola infantil. Alí vaise botar formigón e tamén se mellorará a zona onde se aparcan os carriños dos bebés”.
Para o alcalde “é moi importante traballar e xestionar orzamento porque é moi necesario investir nos edificios públicos, no ensino público e desde logo na nosa escola infantil”.