Fixo entrega do galardón ao mellor par e aproveitou para agradecer ao concello a organización desta festa
A subdelegada, acompañada da alcaldesa do municipio, Marta Rouco; o xornalista, Alfonso Hermida; o deputado provincial, Xose María Arias, e outras autoridades, asistiu a esta xornada inaugural que recibiu a 300 capóns e 37 criadores, o que debuxa no horizonte unha aposta por seguir mantendo un labor tradicional que ve incrementado o seu traballo polas festas do Nadal. “Este ano, vólvese a demostrar que a vila aposta por manter as tradicións vivas e encontrar un relevo xeracional, seguindo a estela dun produto coidado con agarimo e de forma natural”
Así, Isabel Rodríguez agradeceu o labor destes traballadores e sobre todo das traballadoras coa cría dos capóns durante todo o ano, xa que elas son as principais mantedoras desta tradición, símbolo da identidade da historia gastronómica chairega. “Agradezo o esforzo que realizan as mulleres da zona especialmente, xa que grazas a elas podemos manter esta costume que a día de hoxe seguimos a celebrar”
A subdelegada fixo entrega do galardón ao mellor par a Milagros Lozano e aproveitou para agradecer ao concello a organización desta festa que exemplifica e serve de mostra do traballo realizado polos produtores e produtoras na provincia durante todo o ano e que está avalado pola Indicación Xeográfica Protexida.