Site icon Crónica3.com A Mariña

A sede socialista de Foz aparece vandalizada

Foz 1 de decembro, 2023. O PSOE de Foz denuncia que a pasada noite a súa sede sufriu un ataque vandálico amencendo con unha pintada na porta da mesma, feito que lamenta publicamente o secretario xeral socialista e alcalde de Foz Fran Cajoto cualificando as pintadas como “un covarde acto de vandalismo fascista, fiel reflexo dun clima de crispación e de exaltación antidemocrática que se puido observar o mes pasado na sede central de Ferraz. Nós optamos sempre pola educación e polo respecto. Rexeitamos tamén as saídas de ton que todos os días recibimos na prensa do voceiro do PP local e que onte sufrimos no pleno. Incluso cun ataque á profesionalidade dos traballadores da radio municipal” engadindo que “Presentámonos e resultamos elixidos para traballar polas veciñas e veciños de Foz. Estas pintadas vomitivas con amezas á nosa integridade física só provocan que nos reafirmemos neste compromiso”.

A secretaria de Organización da agrupación de Foz, Maria Luisa Piñeira, condena tamén este feito “Os que atentaron contra a nosa casa do pobo son uns covardes que se serven do amparo da noite para poñernos unha diana e desexarnos a morte aos socialistas. Alentar ambientes de odio e crispación son impropios de unha sociedade plural. Lamento que haxa xente que é incapaz de aceptar que os socialistas poidan liderar o goberno de España ou o de Foz. Si se pensan que con actos como este nos van a amedrentar equivócanse de cheo” engadindo que “este acto vandálico xa foi posto en coñecemento das autoridades competentes e vaise formalizar a correspondente denuncia”

Exit mobile version