A obra foi cofinanciada pola Xunta de Galicia con 18.000 euros procedentes de fondos AGADER
En concreto, actuouse nun tramo de 343 metros lineais cuxa superficie total ascende a 1269,20 m2.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, supervisaron a actuación en compañía do pedáneo de Sargadelos, José Luis Peña para ver in situ a obra que supón unha mellora da rede viaria da parroquia e que está cofinanciada pola Xunta de Galicia, con fondos AGADER dentro do Plan Marco de Melloras de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas e que supuxo un investimento de 18.131,52 euros.
Caramés explicou que a obra -xa rematada- foi concibida co obxectivo de mellorar o firme destes camiños sen variar a súa natureza, conseguindo unha boa evacuación e drenaxe das augas pluviais.
A alcaldesa fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”; un aspecto sobre o que incidimos en cada obra que abarcamos.