Ribadeo, 3 de decembro de 2023. A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas instaladas no aparcamento da Avenida Rosalía de Castro.
Ata o 7 de xaneiro será posible patinar sobre xeo. O prezo da entrada é de 5 euros, que quedará en 3 para aquelas persoas que teñan mercado no comercio ou consumido na hostalería local. É obrigatorio levar luvas para acceder á pista, que é apta para todos os públicos.
E os máis pequenos da casa poden gozar tamén desde hoxe de RibaXogo, onde atoparán diferentes atraccións para eles. O prezo neste caso é de 1 euro por atracción.
O horario de apertura da pista de xeo e de RibaXogo será de 16:30 a 21:00 horas ata o 31 de decembro. E do 2 ao 7 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 16:30 a 21:00 horas pola tarde.
Os días 24 de decembro e o 1 de xaneiro ambas carpas estarán pechadas.
Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta tarde, asistiron o alcalde, Daniel Vega, @s concelleir@s Marta Saiz, Montse Seijo, Elena Sierra, Begoña Sanjurjo, Diego Dos Santos e Francisco José Silvent, así como a presidente e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.