A Fonsagrada, 3 de decembro, 2023. A veciñanza de Fonsagrada e Santalla, e Stop Eólicos Negueira de Muñiz están a organizar para o próximo sábado 9 de decembro unha concentración en contra dos macroproxectos eólicos e en apoio á conservación das montañas, da natureza e a vida rural na honra do Día Internacional das Montañas.
Con esta concentración quérese mostrar que a veciñanza da zona segue a defender a dignidade das terras que sosteñen a gran biodiversidade do val do Navia e un modelo de transición ecolóxica baseado na reducción do consumo innecesario garantizando o básico, potenciando a produción local e o consumo de proximidade.
Para as persoas que están a organizar a concentración as zonas rurais non teñen por que soportar o coste dun modelo consumista e depredador que recorre ao expolio dos recursos naturais, e queren comunicar a súa mensaxe cunha marcha de convivencia na que non faltará a música e o bo ambiente co que plantarse frente ao colapso ecolóxico.
Espérante o sábado 9 de decembro de 16:00 a 17:00 na Avenida de Galicia, frente a Abanca.