Grazas a este programa, os colectivos poden acometer actuacións como o arranxo de camiños e accesos, rehabilitación de fontes, reparacións en lavadoiros ou sistemas de abastecemento, acondicionamento de locais sociais e compra de mobiliario, obras de humanización e accesibilidade, reparación de equipamento ou colocación de valados
Grazas a este programa, as entidades beneficiarias -asociacións, agrupacións veciñais, comunidades de usuarios e usuarias de augas, comunidades de montes ou asociacións de gandeiros, agricultores ou produtores forestais- recibirán entre 1.000 e 6.000€ cada unha para acometer actuacións como o arranxo do firme en camiños e accesos, rehabilitación de fontes, reparacións en lavadoiros ou sistemas de abastecemento, acondicionamento de locais sociais e compra de mobiliario, obras de humanización e accesibilidade, reparación de equipamento ou colocación de valados.
Material veterinario para a Granxa Gayoso
Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou hoxe a adxudicación dun contrato para o subministro de medicamentos, material sanitario e outros produtos de uso veterinario para a Granxa Gayoso Castro da Deputación por un importe conxunto de máis de 48.000€. A duración do contrato é dun ano, prorrogable por outros tres.
Convenio para os GES
O Executivo provincial aprobou así mesmo un convenio de colaboración entre a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEMAMP) para o financiamento dos grupos de emerxencia supramunicipais no ano 2024. A institución provincial aportará 640.000€.