Site icon Crónica3.com A Mariña

A confusión dos miaños dun gato cun neno chorando provocou a saída dos servizos de emerxencia en Burela

Dez minutos antes das 21 horas deste xoves, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que aseguraba escoitar os berros dun neno no medio dunha silveira nas proximidades da avenida de Arcadio Pardiñas. Deste xeito, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo. Tamén ao GES de Cervo e á Garda Civil, que se achegaron a comprobar a situación e descubriron que os sons foran emitidos por un gato, pechando o seu operativo sen maiores complicacións.

Exit mobile version