Dez minutos antes das 21 horas deste xoves, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que aseguraba escoitar os berros dun neno no medio dunha silveira nas proximidades da avenida de Arcadio Pardiñas. Deste xeito, alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 de modo preventivo. Tamén ao GES de Cervo e á Garda Civil, que se achegaron a comprobar a situación e descubriron que os sons foran emitidos por un gato, pechando o seu operativo sen maiores complicacións.
A confusión dos miaños dun gato cun neno chorando provocou a saída dos servizos de emerxencia en Burela
A confusión dos miaños dun gato cun neno chorando provocou a saída dos servizos de emerxencia en Burela
Relacionado
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela
-
O Pescados Rubén Burela tira de solidez defensiva para amarrar ante o Xota a súa segunda vitoria da tempada (2-0)