María Loureiro agradeceu o labor que realiza esta asociación na Comarca a favor da saúde mental
O Concello de Viveiro colabora regularmente con esta asociación, que conta cun centro na vila destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, ademais de realizar outras actividades.
“Unha vez máis, agradecemos o fundamental labor que realiza esta asociación na comarca, reivindicando a saúde mental e prestando apoio ás persoas doentes e ás súas familias”, sinalou a alcaldesa. Neste sentido, Loureiro remarcou que o Concello “continuará apoiando o traballo desta asociación, co obxectivo de mellorar a situación das enfermidades mentais”.