Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada sobre consumo responsable e decisións de compra en Alfoz

Celebrarase o 5 de decembro de 11 a 12 no Centro Sociocultural, organizada polo Concello de Alfoz en colaboración coa Escola Galega de Consumo. Daranse recomendacións sobre hábitos e criterios a ter en conta para un consumo máis responsable, convidando á reflexión crítica sobre o consumismo, especialmente agora que se achegan as datas do Nadal. Trátase dunha xornada aberta ao público para a que non é necesaria inscrición previa.

Exit mobile version