Celebrarase o venres 17 de novembro de 11 a 12 no Centro Sociocultural, organizada polo Concello en colaboración coa Escola Galega de Consumo. Durante a mesma o persoal técnico da Escola Galega de Consumo explicará cales son os nosos dereitos como persoas consumidoras así como as nosas alternativas en caso de que precisemos presentar unha reclamación. Trátase dunha xornada aberta ao público para a que non é necesaria inscrición previa-