Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acollerá o Campionato de España de seleccións autonómicas sub 16 e sub 19 de fútbol sala

Os partidos serán do 26 ao 30 de decembro

Viveiro, 20 de novembro de 2023. O Concello de Viveiro será unha das sedes da primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala nas categorías sub 16 e sub 19 masculinas, un evento que terá lugar do 26 ao 30 de decembro.

“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes de Viveiro, Eleazar José Rodríguez Abuín.

As seleccións galegas mediranse nesta primeira fase aos combinados de Madrid, Cataluña, Canarias e Ceuta.

O pavillón municipal de Viveiro presentará as súas mellores galas para ser testemuña dunha cita de primeiro nivel durante as festas de Nadal.

Exit mobile version