Cospeito, 2 de novembro, 2023. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente, que ocorreu no quilómetro 6 da LU-P-6501, cando faltaban dez minutos para as 15:30 horas desta tarde. Foron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que deron o aviso, e engadían que a persoa implicada parecía incapaz de saír ao exterior polos seus propios medios.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil de Tráfico, que unha vez no lugar puideron comprobar que non era necesario utilizar o material de excarceración.
Iso si, os Bombeiros foron os que retiraron á persoa mediante unha padiola e, a continuación, foi evacuada ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha ambulancia.