Pouco despois, conseguiu subir a unhas rochas co animal, e diversos particulares que se atopaban na zona trataron de auxilialos con cordas, de xeito infrutuoso.
Entón, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e da Policía Local de Foz.
O Servizo de Gardacostas de Galicia chegou a mobilizar o helicóptero de rescate Pesca II, aínda que finalmente un home conseguiu rescatar ao can e ao implicado, que foi atendido polos servizos sanitarios.