Site icon Crónica3.com A Mariña

Un camión cisterna que transportaba leite colide contra un coche e acaba envorcado en Abadín

Abadín, 29 de novembro, 2023. Este accidente, que deixou unha persoa ferida, provocou a interrupción do tráfico no quilómetro 22 da LU-113, en Moncelos.

Preto das 17:10 horas, unha chamada do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou ao 112 Galicia: un turismo acababa de colidir contra un camión cisterna, que rematou envorcado no medio da vía. Pouco despois, un particular tamén chamaba, engadindo que a cisterna estaba a verter parte do seu contido sobre o asfalto, e que un dos implicados precisaba asistencia sanitaria.

Desde o 112 Galicia activouse un operativo para o que se solicitou a participación da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada.

Nestes momentos, o tráfico permanece interrompido durante os traballos dos servizos de emerxencias, que tratan de restablecer as condicións óptimas da estrada.

Exit mobile version