Este sábado, 18 de novembro, O Grupo Ardora presentará a súa obra Aire Fresco, no auditorio da Casa da Cultura, ás 19:00 horas. Unha peza teatral escrita por Francisco Piñeiro e diirixida por María Paz Rodríguez.

A organización estima que se porán á venda unhas 18.000 filloas ao longo do día. Este ano ofreceranse tamén ao público filloas sen glute e haberá degustacións do produto acompañado de crema de cacao, nata ou mel. Unhas 145 persoas colaborarán durante toda a xornada para celebrar a festa, impulsada pola mesma comisión organizadora da Moexmu 2025.
A Deputación achega 50.000€ ao Concello de Vilalba para a organización deste evento. O festival, que agarda recibir este dous días a milleiros de persoas, contará con artistas de renome como Varry Brava, Joe Crepúsculo, Shinova, León Benavente e The Rapants, entre outros. Pablo Rivera destacou a importancia do evento, que se celebra desde 2008, e subliñou que “o FIV é unha cita consolidada no panorama musical da comarca e da provincia, e desde a Deputación queremos continuar a apoiar este evento cultural, que tamén repercute positivamente na economía local”.
"Xoves negro para recuperar a área sanitaria da Mariña, e rematar coas derivacións a Lugo". A Xunta de persoal do Hospital engade que: "carecemos de servizos básicos como consulta de cirurxía vascular, terapia ocupacional ou fisioterapia respiratoria infantil, nun hospital que tamén carece de unidade de prevención de suicidios, hospital de día infantoxuvenil ou unidade de agudos, que “si que tería de contar con área sanitaria propia". Ademais, “segue sen haber logopeda no servizo público co que a realidade é que a supresión da área sanitaria só provocou a perda de servizos”, rematan.
As crianzas de 3 a 6 anos, poden facer o seu marcapáxinas orixinal. As crianzas de 7 a 11 anos, deben continuar o relato que se inclúe no cartaz. As persoas de 12 anos en diante, poden escoller entre contar unha anécdota familiar ou seguir a historia que aparece no cartel. O prazo remata o 30 de abril para presentar os traballos a través do correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683315939.
Durante o seu percorrido pola feira, a conselleira puxo de relevo a importancia de eventos deste tipo que contribúen á dinamización das zonas rurais e, neste caso, a dar a coñecer o traballo que desenvolven estes artesáns do ferro.
O conselleiro do Mar asistiu ao xantar da III Festa das Xeracións na carpa da Praza dos Campos.
En total puxeron á venda 300 kgs de mexillóns na carpa instalada para a celebración deste evento gastronómico, que tivo por obxectivo poñer en valor un produto do mar como é o mexillón. A xornada contou con amenización musical. Ata Rinlo se achegaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Turismo, Cultura e Benestar Social, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital