Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro e música esta fin de semana no Valadouro

O Valadouro, 18 de novembro, 2023. A Concellería de Cultura do Concello do Valadouro informa da dobre convocatoria cultural deste fin de semana.

Por unha banda, o sábado 18 de novembro ás 19:00 horas, teremos unha nova representación teatral dentro do Circuito de Teatro Afeccionado da provincia de Lugo. Trátase da obra: “Vaise pechar outra casa máis” representada polo Grupo de Teatro Os Baluros de Castro de Rei. A entrada, de balde, no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello do Valadouro”

Sinopse: Pepe é un labrego que vive nunha aldea xunto coa sua nai, a viuva Maruxa. Con moitas dificultades sobreviven sen atopar o xeito de mellorar naquel medio rural de mediados dos setenta. Engaiolado polos relatos da vida que di levar un veciño emigrado, segue o camiño deste, a pesares da fonda tristura que senten, tanto el como a súa nai. Pero un agravamento da saúde de Maruxa, forza o seu regreso…

O domingo 19 de novembro, á mesma hora, ás 19:00 da tarde será o turno da música: Concerto de Santa Ícia a cargo da Banda de Música de Lourenzá e Banda Xuvenil de Lourenzá. Pituband. Será no mesmo escenario do día anterior, tamén con entrada de balde, no Salón de Actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e daTerceira Idade “Manuel Lourenzo” do Concello do Valadouro.

Exit mobile version