As novas incorporacións da Banda de Ribadeo son: as frautistas Carla Rañón Broz e Sabela Cereijo Maseda; nos clarinetes Laura Bolaño Cotarelo e Iría Molejón Fernández; no saxo soprano Elena Justo Carballeira; no saxo alto Mar Cereijo Maseda e no violonchelo Sofía Rodríguez Zambrano.
Nesta actuación a Banda ribadense, dirixida por David Ballester Martínez, interpretou por primeira vez seis obras: Baroque Suite, arranxada por James Curnow, con Amie García Salinas como solista; Alejandro El Magno, de Miguel A. Mateu, con Darío López Sanjurjo de solista; Pequeña Czarda, de Pedro Iturralde e arranxada por Roger Niese, con José Pillado Torres como solista; Queenwood Overture, de Anne McGinty; Korean Folk Rhapsody, de James Curnow; Dragon Slayer, de Rob Grice; e Andalucía, de Víctor López. Tamén tocaron Adagietto for flute, de Ten Huggens, con Antía Murias Sampedro de solista; Celtir air and dance Nº3, de Michael Sweeney; Odilia, de Jacob de Haan; e Granada, de Agustín Lara, está ultima de bis.
Ao principio do concerto o director da Banda presentou ás sete novas compoñentes da formación e ao final da actuación felicitou aos solistas polo traballo realizado, porque non “é unha tarefa fácil” e pediu un aplauso para as debutantes, que espera que estean moito tempo na Banda.
O próximo concerto da Banda Municipal de Ribadeo será o tradicional Aquí como en Viena, que está programado para o 29 de decembro ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval.