Ribadeo, 16 de novembro de 2023. Estes días seguen os traballos de poda do Concello de Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “o Concello segue a realizar os traballos de poda polas distintas rúas de Ribadeo, baixo un criterio técnico e unha planificación correcta”.
Para o rexedor “a poda era necesaria, levábase tempo sen facer e nestes momentos estamos a actuar polas distintas rúas da nosa vila. Pouquiño a pouco paulatinamente imos realizando esa poda tan necesaria e que nos pedían os veciños”.
Nos últimos días os traballos realizáronse en Rosalía de Castro, Rodríguez Murias ou Virxe do Camiño, entre outras.