Mondoñedo, 17 de novembro de 2023. A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou hoxe en Mondoñedo no acto Á violencia de xénero… Dille Non!, STOP á Violencia Dixital, organizado pola Asociación Mulleres En Igualdade Provincial de Lugo (Bumei), con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Vázquez na súa intervención lembrou que Galicia foi pioneira en incorporar a violencia dixital como nova forma de violencia contra a muller despois de que o Parlamento galego, por unanimidade, acordara modificar a Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Tamén indicou que a nova Lei galega de igualdade impulsará, entre outras actuacións, a protección das mulleres fronte a ataques sexistas a través de medios tecnolóxicos.