Dous paus e un paradón de Pereira, todo no último minuto do encontro, frustran o empate do Burela que finalmente se queda ás portas da competición ante o equipo do técnico alfoncense, sempre Laranxa, Juanma Marrube
Na primeira parte o encontro mantense moi igualado, cun arranque con poucos tiros a porta. No minuto 8 Malaguti lanza un fogonazo ao pau despois de contemplar un espectacular paradón de Michal Kaluza que coma sempre non defraudou neste encontro, do mesmo xeito que o porteiro rival Adrián Pereira, especialmente durante os últimos minutos do encontro. Ambos fixeron un papel crucial para o seu equipo durante todo o partido. No minuto 12 chega o gol do burelense Quelle, cun disparo alonxado que toca en Carlos Bartolomeu e cóase entre os paus de Pereira. No minuto 15 outro encaixe espectacular da Muralla Kaluza tras un disparo de Anás desde a banda dereita, dentro da área. No minuto 17 case chega o segundo cun fulminazo de Ismael nun saque de falta que roza o pau e no 18 outra falta peligrosísima a favor do Burela que detén o porteiro rival. Chega o descanso 1-0 no marcador.
A segunda parte é tamén bastante igualada, pero con maiores momentos de dominio do equipo visitante que mantivo un moi bo ritmo. No minuto 28 de novo un paradón espectacular de Michal que desvía co brazo un potente e acertado disparo de Claudino. E chega o gol do empate no minuto 29 cun disparo de Carlos Bartolomé desde case a frontal que toca en Kaluza pero excede a liña de meta. Tras unha falta moi perigosa que tira Nacho e volve sacar Michal, esta vez co pé, a corner, chega o segundo do Ribera Navarra, no minuto 33, de novo Carlos Bartolomé, cun disparo imparable nun rexeite tras un tiro de Claudino que detén o porteiro polaco. Presiona a partir do minuto 35 o conxunto do técnico santiagués con xogo de 5, con varias oportunidades frustradas entre elas una de Ismael no mesmo minuto que, exercendo de porteiro-xogador, tira a portería pero atópase cun infranqueable Pereira que aproveita para sacar rápido á contra pero a xogada vese tamén frustrada polo mesmo Ismael que detén o balón cos pés. No minuto 38 comezan os momentos de infarto comezando cun dos disparos de Álex García que pega no traveseiro rebotando cara abaixo con forza pero non traspasando a liña de gol. A 14 segundos do final chega o segundo pau, esta vez nun disparo lonxano de Isma e case ao toque da bucina, un incrible disparo de Ismael que detén de novo o porteiro do equipo navarro, non deixando tempo para máis e non permitindo pasar de rolda ao Pescados Rubén Burela FS.
Fóra da competición toca centrarse nos partidos de Liga comezando cunha longa viaxe este sábado a Ibiza en busca dunha vitoria moi interesante para continuar escalando e meterse en postos de Playoff, dos que se atopa a 1 punto, nunha Segunda División moi igualada na que pode pasar de todo esta tempada.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra
Pescados Rubén Burela FS (1): M.Kaluza; Lucho, Isma, Flethes, Malaguti -quinteto inicial-, Quelle, Nico Rosental, Alberto, Álex García, Charly, Ismael e Unai (P)
ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra (2): Adrián Pereira; Anás, Soufian, Gabi, Nacho -quinteto inicial-, Espín, Jonhn Lennon, Claudino, Carlos Bartolomé, Alberto Lahuerta, Hamza e Néstor Berga (P)
Goles: 1-0, min.12: Quelle. 1-1, min.29: Carlos Bartolomé. 1-2, min.33: Carlos Bartolomé.
Árbitros: José Manuel Carreira, Rubén Ferrero, Roberto Segundo Amor y Berta García.
TA: David Rial, Isma, Flethes, Malaguti, Soufian, Alberto Lahuerta e Gabi.