As familias que o precisen poderán contar con camas, andadores, cadeiras de bañeira e de ducha ou guindastres, entre outros materiais
O rexedor dixo que “desde o Concello estamos a investir cada vez máis na Concellería de Benestar Social, é dicir estamos a investir no benestar social das familias, das persoas do noso concello. E eu creo que é o máis importante, que é investir na persoa”.
Vega explicou que “este banco de préstamo ponse en marcha despois dun traballo moi importante e aquí hai que agradecerlles aos técnicos municipais da Concellería de Benestar Social toda a labor que fan. É impagable e hai que dicilo e hai que resaltalo. Trátase dun traballo constante e continuo en dedicación ás persoas. Estamos moi satisfeitos do traballo que se está a realizar desde esta Concellería. Tamén hai que resaltar o traballo que está a facer a concelleira Elena Sierra”.
O alcalde subliñou que “este banco de préstamo conta cun equipamento, cun material que axudará a moitas persoas que o necesitan. Camas manuais, camas eléctricas, andadores, cadeiras de bañeira, cadeiras de ducha, colchóns antiescaras, guindastres e tamén varandas. Todos estes elementos cando hai unha persoa nunha familia que necesita este equipamento ten un orzamento elevado. Esas familias que o precisan teñen que saber o Concello de Ribadeo está nesa colaboración e nesa axuda e que se poden dirixir á Concellería de Benestar Social e solicitar ese equipamento necesario”.
Dani Vega manifestou: “seguimos investindo, seguimos traballando e colaborando coas familias cando o pasan realmente mal. É importante que as veciñas e os veciños de Ribadeo sintan a administración local cerca cando máis se necesita”.
A concelleira de Benestar Social sinalou que “desde el Ayuntamiento de Ribadeo apostamos por el cuidado a todas las personas. Por ello estamos cada vez más interesados en que todo el equipamiento (camas, grúas, sillas,…) llegue a todas las familias. Aquellas personas que tengan problemas para adquirir una cama, quienes tengan movilidad reducida y necesiten una silla o una grúa,…todas pueden acudir al banco de préstamo que está a su disposición en la Concejalía de Benestar Social, situada en el auditorio”.
“Desde el Ayuntamiento de Ribadeo queremos apostar cada vez más por los servicios sociales y sobre todo por el cuidado de las personas”, subliñou Elena Sierra.