O alcalde anima á veciñanza a achegarse ao Parque de San Francisco ás sete da tarde
O rexedor dixo que “mañá, venres, inauguramos o Nadal. Acenderemos o alumeado a partir das sete da tarde, despois inauguraremos o Mercado do Nadal e a continuación o photocall de Acisa para promocionar a nosa vila. E a partir de aí serán todas as actividades”.
Vega subliñou que “todos os días hai algo en Ribadeo. Sempre hai unha disculpa para vir visitar Ribadeo e os veciños e as veciñas teñen todos os días unha actividade arredor do Nadal”.
O alcalde convida a asistir: “mañá convidamos a todos os que queiran acompañarnos no parque de San Francisco ao acendido do alumeado de Nadal”.