Dani Vega subliña que se trata dun Impulso e dunha inxección económica moi importante para Ribadeo
Ribadeo, 15 de novembro de 2023. A quinta edición das Panchas, a moeda local de Ribadeo, está a ser un éxito. Nun mes xa foron canxeadas 106.000 e gastadas 73.000, segundo os datos facilitados hoxe polo alcalde, Dani Vega.
O rexedor subliñou: “éxito absoluto da campaña das Panchas. Estamos satisfeitos e moi contentos de que funcione tan ben a campaña das Panchas, algo moi noso, algo moi de Ribadeo”.
Vega indicou que “foron 200.000 as Panchas que se puxeron en circulación hai un mes, 106.000 xa foron canxeadas, e máis de 73.000 xa se gastaron”.
O alcalde dixo que “é unha campaña que funciona realmente ben. Tamén lle queremos dar as grazas a Acisa pola súa colaboración”.
E engadiu: “é un impulso e unha inxección económica moi importante para Ribadeo”.
A moeda local de Ribadeo estará en vigor ata o vindeiro 31 de decembro.