Outeiro de Rei, 22 Novembro, 2023. Un motorista sufriu unha caída cando realizaba este percorrido e non podía moverse.
Para acceder a el, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención de diferentes equipos, isto é, Bombeiros de Vilalba e GES de Friol-Palas, quen, finalmente, trasladaron o ferido no seu vehículo ata o lugar onde agardaba a ambulancia.
O motorista atopábase nunha zona de monte, dentro da Ruta Arqueolóxica do Acevedo, preto de Martul, no medio dunha lameira, onde caeu e lesionouse nunha perna. Estas circunstancias impedían que a asistencia médica puidese chegar ata o propio lugar. De aí, que fose necesaria a intervención dos grupos de rescate para poder sacar o motorista da lameira e levalo á ambulancia.
Cómpre salientar que o ferido estaba consciente e en bo estado, malia a lesión da perna, que lle dificultaba a mobilidade.
Deste xeito, ademais dos equipos de salvamento, interviñeron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e colaboraron os axentes da Garda Civil.
Este operativo activouse tras recibir no 112 Galicia a chamada dun compañeiro do ferido cando faltaban apenas uns minutos para as cinco desta tarde.