O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo que “este sábado recibimos no Concello a Paula Conde Carrelo para homenaxeala polos grandes éxitos deportivos conseguidos, tales como ser campioa galega sub-16 de pista cuberta e pista descuberta, campioa absoluta de remudas 4×100 co Lucus Caixa Rural e medalla de bronce coa selección galega no Campionato de España sub-16. E tamén competiu nos campionatos absolutos de Galicia con tan so 15 anos”.
O edil ribadense sinalou: “queremos felicitala e felicitar tamén ao Club de Atletismo de Ribadeo polo seu gran traballo”.
Xunto a Paula Conde, á súa familia e ao Club de Atletismo de Ribadeo estiveron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.