Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pregunta pola continuidade do Foro Económico

Viveiro, 24 de novembro, 2023. O 30 de outubro de 2021 celebrouse o Primeiro Foro Económico do Concello de Viveiro, que nace coa idea de ser punto de encontro e diálogo do sector empresarial e de servizos do noso concello, para analizar a situación económica daquel momento e fomentar propostas que posibilitasen a reactivación da economía local despois da pandemia Covid-19. No Foro, que contou con unha elevada asistencia de público, tamén se valorou o esforzo do empresariado local, entregando un Recoñecemento Empresarial do Ano a unha empresa de Viveiro. Segundo comunicou o goberno local en distintos medios, a idea era que o Primeiro Foro Económico de Viveiro tivera continuidade en sucesivas convocatorias de periodicidade anual.

No pleno de decembro de 2022, Por Viveiro presenta un rogo solicitando a explicación dos motivos que levaron á non realizar a segunda edición, a contestación do equipo de goberno foi que por diversas circunstancias, decidiron un formato bienal para o Foro Económico, estando prevista a celebración da segunda edición no ano 2023.

Por todo o exposto, rogamos ao equipo de goberno a explicación en pleno de si a día de hoxe segue a ter prevista a realización da segunda edición do Foro Económico no presente ano 2023 e de non ser así, dos motivos do novo adiamento.

Exit mobile version