Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro considera inaceptable que se deixe aos clubes e entidades deportivas sen as axudas comprometidas para o ano 2023

Os independentes instan ao Goberno Municipal a buscar unha solución inmediata e abonar as subvencións comprometidas para este ano”

Viveiro, 28 de novembro de 2023. O Goberno Bipartito PSOE-BNG prometeu por separado e conxuntamente manter e incluso mellorar as axudas aos clubs deportivos do noso Concello. Estas axudas son vitais para moitos dos equipos de base que este ano tiñan comprometidos moitos gastos en base as promesas do goberno municipal. A realidade é que a día de hoxe carecen de ningún pago e sen ningunha solución clara por parte do goberno.

Dende Por Viveiro, fomos o único grupo que preguntamos no Pleno deste mes de Novembro sobre a situación destas axudas, a resposta, ningunha.

Bernardo Fraga, portavoz dos independentes declarou esta mañá aos medios “Para nós esta situación é inaceptable, o deporte de base é unha prioridade que non se pode deixar de lado, e menos con falsas promesas. Instamos ao goberno bipartito a abonar as axudas comprometidas e buscar unha solución inmediata para os nosos clubes”

Exit mobile version