Site icon Crónica3.com A Mariña

Pleno extraordinario este xoves en Ribadeo para aprobar a modificación de dúas tarifas

Ribadeo, 15 de novembro de 2023. Mañá, 16 de novembro, terá lugar un pleno extraordinario no Concello de Ribadeo ás 20 horas para aprobar a modificación de dúas tarifas.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “celebraremos un pleno extraordinario para aprobar a modificación de dúas tarifas, a primeira delas ten que ver co contrato polo uso da piscina e a segundo é o incremento do IPC para a auga e o saneamento”.

O rexedor dixo que “informaremos aos dous grupos da oposición, tanto ao PSOE como ao BNG, e celebraremos esa sesión extraordinaria para aprobar esta modificación destas tarifas e informar así a todos os veciños”.

Exit mobile version