Os Bombeiros excarceran o corpo da persoa, por cuxa vida nada puideron facer os servizos sanitarios.
Contra as 18:20 horas, recibíronse no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia as chamadas de diversos particulares que alertaban de retencións no lugar dos feitos: un coche acababa de colidir frontalmente contra unha furgoneta. Malia os esforzos, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia non puideron salvar a vida do condutor do turismo, mentres que o ocupante do outro vehículo resultou ferido.
No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, o GES da Pontenova, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento das estradas.