Barreiros, 7 de novembro de 2023. O Concello de Barreiros continua programando actividades culturais de outono coa obra de teatro “O menciñeiro á forza” que será representada polo grupo de teatro de Alfoz “Os pícaros de Lagoa”.
A obra é unha coñecida adaptación elaborada nos anos 60 polo crego e escritor chairego Xosé Manuel Carballo Ferreiro. Trátase dun texto baseado na famosa comedia El médico a palos de Molière.
A representación teatral, que terá lugar o domingo 12 de novembro ás 19:00 horas no centro sociocultural de San Cosme, está enmarcada no circuíto de teatro afeccionado que a Vicepresidencia da Deputanción de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.