Os burelistas puxéronse por diante a pouco de iniciarse a segunda metade, pero non pudieron manter a súa renda nos últimos catro minutos
Burela, 1 de novembro, 2023. O conxunto masculino do Pescados Rubén Burela non conseguiu o pase ás semifinais da Copa Galicia logo de que os pupilos de David Rial encaixasen un tanto cando o partido languidecía (2-1). Os burelistas puxéronse por diante no minuto 25, cun tanto de Charly, pero os pontevedreses, que son un dos actuais líderes do grupo primeiro de 2ªB, foron capaces de darlle a volta á eliminatoria no tramo final.
O primeiro período foi moi igualado e ningún dos dous equipos conseguiu poñerse por diante, deixando a resolución do choque para os segundos 20 minutos. Pegaron primeiro os bureleses nunha acción de estratexia desde a banda na que Charly acabaría batendo ao meta local.
Tras o tanto, os mariñaos buscaron o segundo, pero non o lograron e acabaron caendo diante dun Stellae FS-Valga moi acertado no epílogo. Cando restaban pouco máis de catro minutos e medio para o final, Mario subía as táboas ao electrónico ao aproveitar un rexeite de Kaluza tras un lanzamento desde uns 15 metros.
Os de Valga tiveron a opción de poñerse por diante cun doblepenalti a 1:14 da conclusión, pero o lanzamento íase ao pau. Os burelenses seguían con vida, pero acabarían recibindo un auténtico xerro de auga fría a un segundo do bocinazo final. Arturo aproveitaba un balón morto na área tras un rebote, regateaba a Kaluza e marcaba o tanto que deixaba fóra desta edición da Copa Galicia aos Pícaros, que xa non terían tempo para nada máis.
Ficha Técnica Stellae FS-Valga 2-1 Pescados Rubén Burela FS
Stellae FS-Valga (2): Alberto; Arturo, Manuel, Sergio Buján, Mario -quinteto inicial-, Andrés, Alan, Jaime, Cley, Nico e Sergio Castelao.
Pescados Rubén Burela FS (1): Mika; Charly, Lucho, Álex García, Ismael -quinteto inicial-, Alberto, Malaguti, Nico Rosental, Quelle e Kaluza (ps).
Goles: 0-1, min. 25: Charly. 1-1, min. 36: Mario. 2-1, min. 40: Arturo
Árbitros: Dacal Deza e Pinilla Boullosa (Galicia). Expulsaron por dobre amarela ao local Cley. Tamén amonestaron aos pontevedreses Mario, Alan, Sergio e Nico, así como a los visitantes Lucho, Quelle e Malaguti.
Inicidencias: Encontro dos cuartos de final da XXXII Copa Galicia de fútbol sala masculina celebrado no pavillón de Beira (Valga).