O Saneamento das parroquias de Xuances e Portocelo para eliminar os verquidos ás praias de Esteiro e Portocelo. Xa que moito presumir de bandeiras azuis ( as cales son un orgullo grande, claro que si) pero o saneamento das nosas parroquias é fundamental, e traería moitísimos aspectos positivos con elo. Xa que tanto remanente temos, por favor fagan algo que vai sendo hora.
Outras das enmendas é facer un estudo e mellorar tanto o abastecemento como a calidade da auga de Xove. Recordemos que Xove foi un dos concellos que restrinxiu o consumo de auga pola súa escaseza. Isto leva pasando varios anos, e que se fixo? NADA. Ademais en canto chove un pouquiño (en Galicia chove pouco, xa sabemos) sae barro polas billas… Repetiuse varias veces, comunicouse ao concello. A súa resposta? Nula. Asi que cremos primordial o que propoñemos. O estudo sería un bo punto de partida para arranxar isto.A ver se dende a Xunta poden axilizar o proceso.
A terceira enmenda que propoñemos, é a de contemplar o da vía de alta capacidade dende o porto de Morás-Xove -Polígono de Camba co enlace coa vía de alta capacidade da mariña e tamén con Alcoa. Sería un punto moi positivo á hora de que Alcoa permanecera máis anos, que é o que queremos todos (algúns con máis énfase que outros) facilitarlle ás cousas e ao mesmo tempo, facilitarlle ao pobo de Xove prosperidade e desenvolvemento industrial e económico.
Estas enmendas son por e para que Xove medre, dende o grupo socialista presentámolas co afán de que se teñan en conta e non queden nun caixón esquecidas, como outras tantas que quedaron olvidadas e que só saen a a pasear cando son eleccións municipais.Por iso as presentamos como partido á Xunta de Galicia, xa que o noso alcalde e o seu equipo de goberno, non ten moita intención de facelo.