Ameijide: “Tomé segue desatendendo as competencias propias da Deputación e negando un trato igualitario aos veciños da provincia, mentres perfecciona o seu municipalismo de amiguetes”
Ante esta situación, o popular esixe a Tomé “altura de miras e unha actitude institucional que ata agora non mostrou” xa que “o único que está a facer ignorando aos alcaldes que non son do PSOE é dar as costas a miles de veciños da provincia que residen neses municipios”.
Unha afirmación que Ameijide sustenta nos datos obtidos do rexistro de entrada presencial da Deputación nunha soa semana (do 30 de outubro a 3 de novembro). Neses cinco días, rexedores de diferentes municipios da provincia e de diferentes signos políticos pediron a Tomé unha entrevista persoal, o arranxo das estradas provinciais ao paso polo seu municipio ou a posta a disposición dos medios do parque móbil neses concellos, entre outras solicitudes, “peticións que Tomé ignorou sen miramentos”.
“Cos datos dunha soa semana vemos como ignora toda petición que non veña dun alcalde que sexa amigo seu”, afirmou, ao que engadiu que “no Partido Popular hai alcaldes que nos últimos anos cursaron máis de 20 peticións de entrevista co presidente da Deputación e seguen agardando unha resposta”, denunciou.
A realidade que Tomé está instalando na provincia de Lugo “é a copia dun goberno de Pedro Sánchez, tratando ben aos amigos e castigando aos veciños do resto de municipios”, reafirmando deste xeito que “o camiño que guía a Tomé é do municipalismo de amiguetes”.