Os populares piden que a Deputación corrixa con celeridade os problemas que xorden por mor da auga nas vías do municipio de Xermade que son da súa titularidade
Os populares trasladaron esta solicitude aos responsables do goberno local para que insten á Deputación a arranxar as deficiencias na estrada que comunica Areosa e Sanche, na parroquia de Piñeiro, no punto que coincide coa estrada municipal que vai da Panda a Curra e Xestoso.
O portavoz, Antonio Riveira, sinala que “estes días de choiva os veciños tivemos que sortear os baches e foxos feitos na propia estrada pola auga debido á deficiente limpeza e o abandono tanto da administración provincial como da municipal; xa que o perigo está no propio cruce”.
“Pese ás queixas dos propios veciños e usuarios pasa o tempo sen dar unha solución de urxencia ao problema co conseguinte risco para a circulación, especialmente de noite que non se adiviña o risco que ten a estrada”, conclúe.