Viveiro, 3 de Novembro 2023. “O cemiterio municipal da Altamira require unha atención que desde o noso grupo entendemos que non ten. Foron varias as iniciativas que nestes últimos anos solicitaron investimentos de mantemento e mellora das súas rúas, na súa accesibilidade así como a reconstrución do muro lateral, a adecuación da rúa Antonio Bas e a habilitación de novas zonas de aparcamento. Son moitas as persoas de idade avanzada que a miúdo transitan polo lugar, e nin as beirarrúas da rúa, nin as beiravías da estrada, están en condicións de garantir a súa seguridade”.
No 2021 fortaleceuse a esquina do muro fronte ao apeadeiro de FEVE no lugar de Campo de Pega, pero a pesar do paso do tempo, e do compromiso firme que determina unha votación por unanimidade un ano antes en pleno, nada se avanzou para “habilitar, ou, de ser necesario adquirir , espazos públicos para ou aparcadoiro de vehículos nas inmediacións do camposanto municipal e se melloren vos accesos para persoas con mobilidade reducida”.
Pero tampouco se reconstruíu o muro lateral de fronte ao monte San Roque que leva 20 anos esperando unha solución.
A alcaldesa afirmaba que esa abertura, aínda que non resulta estética fixo e continua facendo un gran servizo para o acceso con maquinaria debido a que a entrada principal ten escaleiras e a lateral é moi estreita, idea que compartimos no fondo pero non na forma. O cemiterio municipal merece un peche digno e seguro, unha porta podería resolver a situación á vez que sería funcional e estético, E 20 anos é tempo máis que suficiente para arrombar as instalacións.
Polo exposto, o PP roga á alcaldesa:
1.- Cúmpranse os acordos tomados en pleno. Habilítense espazos para aparcamento e accesos para persoas con mobilidad reducida no cemiterio municipal.
2.- Sélese o peche perimetral. E deséñese un plan de mellora nas instalacións interiores e nas inmediacións.
3.- Déase conta en pleno dos plans da alcaldía para este recinto a curto prazo.