Os populares poñen en valor o compromiso da Consellería de Sanidade para garantir que se cubre todo o cadro de persoal a pesar de que PSOE e BNG votaron en contra dos procedementos habilitados pola Xunta no pleno de outubro de 2022 do Parlamento galego
A voceira municipal, Mariña Gueimunde, pon en valor que o concurso de méritos, sen necesidade de exame, convocados pola Xunta de Galicia permitirán completar o cadro de persoal do centro de saúde de Viveiro con persoal fixo.
Dende o PP recordan que PSOE e BNG votaron en contra dos procedementos habilitados pola Xunta de Galicia para reforzar os cadros de persoal. “Votaron en contra do Proxecto de lei de medidas extraordinarias dirixidas a impulsar a provisión de postos de difícil cobertura de determinado persoal estatutario con título de especialista en Ciencias da Saúde do Servizo Galego de Saúde no pleno do 24 de outubro de 2022 do Parlamento galego”, sinala.
Segundo se reflicte nesta norma, o procedemento permite a contratación por concurso de méritos – sen oposición – para o persoal médico dos centros de saúde e hospitais comarcais que teñen dificultades para cubrir prazas vacantes pola ausencia ou insuficiencia de aspirantes na listas de contratación.
Mariña Gueimunde é consciente de que “a escaseza de médicos” é unha realidade en todo as comunidades de España, pero tamén ten claro que “grazas á intervención e tacto da Consellería de Sanidade garántese que haberá persoal en todo o horario de atención do centro de saúde”, reflectindo así o compromiso do Partido Popular cos servizos públicos e, en especial, con dar unha atención sanitaria de calidade.