O voceiro do PP de Foz ve imprescindible revisar todos os estudos económicos cos que PSOE e BNG pretenden xustificar os orzamentos para o vindeiro ano xa que o que van aprobar no pleno deste “xoves negro” é subir o custo da vida para todos os focenses
Javier Castiñeira insta ao alcalde e á concelleira de Economía e Facenda a “traballar máis para que Foz teña unhas contas que non suban o custe da vida aos seus veciños que en lugar de preocuparse da oposición”.
O voceiro popular recorda que “o noso traballo é fiscalizar a labor do goberno local e se non fan ben o seu traballo, imos a dicilo e denuncialo publicamente”. “Como tamén denunciaremos cando minte aos veciños en época electoral”, explicou.
Dende o PP de Foz recomendan, por tanto, que tanto Francisco Cajoto como Inés Couto “se centren no seu traballo” e polo tanto revisen os estudos económicos cos que pretenden xustificar a suba de impostos que pretenden aprobar, co beneplácito do BNG, no pleno desta semana cos orzamentos para 2024.
A realidade é que “non están a facer o seu traballo como deberían” polo que todos os desaxustes das contas de Foz para o vindeiro ano van saír moi caros para todos os veciños. “Non fan ben os estudos económicos”, denunciou.
Javier Castiñeira pon como exemplo o custe anual do bar do náutico e das terrazas. Na comisión de seguimento do pleno detectamos que no estudio de costes que van a aprobar PSOE e BNG sobre o bar do náutico establécese un prezo de 500€/ano, polo que “é máis económico alugar este bar por un ano que poñer unha terraza de 10m2 en Foz. “Unha incongruencia absoluta que custe máis a terraza dun negocio de hostalería que alugar un local comercial que acaban de arranxar”, afirmou.
Finalmente, Javier Castiñeira explicou que “estamos en desacordo con todas as ordenanzas que van a subir o custo da vida aos veciños de Foz e co estudo de viabilidade do náutico que trae uns prezos públicos que non se pactaron coa asociación de xubilados”.