Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz cumpre o compromiso cos pais, nais e a comunidade educativa de traballar pola mellora do CEIP Fondo Nois

Membros do Grupo Municipal Popular destacan o investimento por parte da Xunta de máis de 424.000 euros en obras no centro

Foz, 16 de novembro de 2023. O Grupo Municipal Popular de Foz destaca as “importantes” obras que se están a acometer no CEIP Fondo Nois cun investimento por parte da Xunta de máis de 424.000 euros e que inclúen a mellora da eficiencia enerxética, a reforma das fachadas, a cuberta dalgún dos edificios e outros traballos interiores.

O voceiro, Javier Castiñeira, explica que “o PP adquirira no seu programa electoral o compromiso de traballar pola mellora integral deste colexio rural de Foz, como nos pediron os pais, nais e a comunidade educativa en xeral”.

O voceiro subliña que “seguimos a cumprir os nosos compromisos, estando no goberno ou na oposición. Xa o fixeramos dende o goberno coa mellora do colexio Nº1 e dende a oposición coa reforma do IES de Foz que xa vai avanzada”.

Os populares amósanse agora satisfeitos por participar nunha xestión tan importante como é a da mellora do colexio Fondo Nois onde estudan nenos e nenas de Nois, Cangas, Cordido e incluso de Burela. “É unha mostra máis do compromiso da Consellería e do PP de Foz cos centros educativos do noso concello”.

Exit mobile version